FCC repartirá 20.000 bolsas de reciclaxe entre as persoas que viaxen ás Illas Cíes

Cada visitante recibirá tres bolsas para separar os residuos e depositalos nos colectores instalados na Estación Marítima ao volver do Parque Nacional.
Publicado por o día 29/07/2018 na sección de Galicia,Vigo

FCC repartirá 20.000 bolsas de reciclaxe entre as persoas que viaxen ás Illas Cíes

A partir desta fin de semana, FCC porá en marcha unha nova edición da campaña ‘O que vai a Cíes, ten que volver de Cíes’, coa que se quere concienciar aos visitantes da importancia de manter o Parque Nacional libre de lixo. No marco desta iniciativa, os viaxeiros recibirán un kit con tres bolsas de reciclaxe para que poidan separar os residuos xerados durante a súa estadía no arquipélago e depositar o seu contido, á volta, nos colectores instalados na Estación Marítima de Vigo.

FCC repartirá 20.000 bolsas durante a última fin de semana de xullo, todos os sábados e domingos do mes de agosto e ao longo de toda a ponte festiva do 15 ao 17 de agosto. Os usuarios das navieiras que realizan o transporte a Cíes recibirán, antes de subir ao barco, un pack con tres bolsas diferenciadas en cor azul para papel en cartón, en cor amarelo para plásticos, latas e bricks e en cor verde para o vidro.

O kit que recibirán os visitantes ás Illas inclúe tamén unha pequena guía explicativa sobre a campaña e sobre a riqueza animal e vexetal do Parque Nacional. FCC pon en marcha esta iniciativa, por terceiro ano consecutivo, co obxectivo de preservar o patrimonio natural das Illas Cíes e concienciar aos cidadáns da importancia de recoller e separar os residuos xerados.

FCC Vigo

FCC é a empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo desde 1989. Nos últimos anos, Vigo converteuse na cidade galega con máis galardóns pola limpeza das súas rúas (6 Vasoiras de Platino consecutivas) e aparece en todos os rankings das cidades máis limpas de España.

Una respuesta para "FCC repartirá 20.000 bolsas de reciclaxe entre as persoas que viaxen ás Illas Cíes"