Febreiro rexistrou temperaturas medias elevadas para esta época do ano debido á incidencia dos ventos do sur

A media de temperatura máxima do segundo mes de 2017 foi de case 13ºC e soamente se rexistraron episodios illados e puntuais de neve
Por o 07/03/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Vigo
Febreiro rexistrou temperaturas medias elevadas para esta época do ano debido á incidencia dos ventos do sur
Compartir en:

A primeira e última semana do mes de febreiro quedou marcada polo paso de borrascas activas, mentres que a parte central estivo caracterizada por situación máis estable.

Entre as xornadas do 15 e 26 de febreiro rexistrou un período anticiclónico, caracterizado polas elevadas temperaturas diúrnas, xa que o anticiclón foi quen de achegar aire cálido procedente do norte de África.

O mes de febreiro rexistrou temperatura medias elevadas para esta época do ano, debido ao paso de sistemas frontais na primeira metade do mes estivo acompañada por ventos do sur que non deixaban descender os termómetros. A esta anomalía positiva de temperatura tamén contribuíu o episodio anticiclónico de mediados do mes achegou aire cálido e deixou temperaturas elevadas durante as horas diúrnas.

Así, o valor medio das temperaturas máximas neste mes foi de 12.8 ºC, sendo especialmente suaves en gran parte da Comunidade. Os valores máis altos acadáronse na Ría de Vigo e Baixo Miño, e nas zonas limítrofes co Río Miño na provincia de Ourense, con valores próximos aos 17 ºC.

As zonas máis frías con valores próximos aos 0ºC foron en Pena Trevinca e Cabeza de Manzaneda; lugares nos que tamén se rexistrou os valores medios máis baixos das temperaturas mínimas, fixadas en 4.4 ºC. Cómpre destacar que soamente de xeito illado e puntual se rexistraron episodios de neve ao longo deste mes.

En relación coas chuvias, no mes de febreiro a acumulación de precipitacións sucedeu nos primeiros catro días; polo que a media obtida foi de 207 L/m2. Tamén se observou un gran contraste entre a metade leste e oeste da Comunidade, acadándose na zona da Baixa Limia os valores máis altos (máis de 400 L/m2, mentres que na comarca de Valdeorras, se acadaron os niveis máis baixos.

En resumo, o mes de febreiro quedou marcado polo paso de borrascas activas na primeira e derradeira semana, mentres que a parte central estivo caracterizada por situacións máis estables. Se be o mes rexistrou na primeira xornada a primeira borrasca significativa, con chuvias xeneralizadas e persistentes; a partir do día 15 comezou un período máis estable con altas presións predominando ata o día 26. Este período anticiclónico de 11 días estivo caracterizado, ademais de polo tempo seco, polas elevadas temperaturas diurnas, xa que o anticlón foi quen de achegar airea cálido procedente do norte de África.

Para acceder a máis contido e mapas sobre a situación meteorolóxica do mes de febreiro, pódese consultar o informe climatolóxico que publica a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Meteogalicia.