A Federación de Industria de CCOO pide a constitución dunha mesa de traballo en Frigolouro

Púxose en contacto coa Xunta, co Concello do Porriño, coa propia empresa e con outros sindicatos para clarificar o futuro desta planta do Grupo Coren
Publicado por o día 07/11/2016 na sección de CC.OO,Galicia,O Porriño,Protestas,Sindicatos,Vigo

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución dunha mesa de traballo en Frigolouro

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución «urxente» dunha mesa de traballo en Frigolouro, a planta que o Grupo Coren posúe no concello pontevedrés do Porriño. Tras o comunicado emitido pola empresa o pasado día 2, no que deixaba no aire a continuidade da factoría pola «alta conflitividade» laboral, Comisións púxose en contacto coa Xunta, co Concello do Porriño, coa propia empresa e con outros sindicatos para clarificar o futuro da planta.

Malia que a empresa matizou as afirmacións iniciais, CCOO coida que é «fundamental» despexar calquera incerteza sobre a continuidade da actividade nunha factoría que xera 600 empregos directos. Así mesmo, o sindicato quere que o Grupo Coren se comprometa a manter no Porriño unha «referencia a longo prazo» para os seus proxectos industriais.