Feijóo confirma que non hai ningún incendio de Situación 2 e avanza que a Xunta comeza xa a avaliar os danos

Afirma que o obxectivo en primeiro lugar é axudar ás persoas que perdesen a súa vivenda habitual e subliña que tamén se avaliarán os danos ambientais.
Por o 17/10/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Xunta de Galicia
Feijóo confirma que non hai ningún incendio de Situación 2 e avanza que a Xunta comeza xa a avaliar os danos
Compartir en:

Logo de confirmar que desde esta mañá non hai ningún incendio de situación 2 en toda a Comunidade, o presidente da Xunta subliñou que o Goberno galego está xa a avaliar os danos provocados pola vaga de lumes dos últimos días. O obxectivo é axudar, asegurou, en primeiro lugar, ás persoas que perdesen a súa vivenda habitual. “Se teñen un seguro, axudarlles a cobralo e se non o teñen temos que estudar unha resposta” abundou, subliñando que tamén se avaliarán os danos ambientais.

Durante unha visita xunto á ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, ao Centro de Coordinación de Incendios, Feijóo quixo destacar unha vez máis o traballo dos servizos de extinción, a súa profesionalidade, así como a solidariedade do pobo galego.

A continuación, o presidente da Xunta e a ministra desprazáronse ata Oseira, onde visitaron o Centro Avanzado de Mando de San Cristovo de Cea.