O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima e que no 2027 se alcance o cen por cento. Con esta finalidade, destacou que a Xunta destinará ata 2021 654 millóns de euros.
Durante unha visita ás obras executadas na Edar de Negreira, Feijóo afirmou que con esta infraestrutura se resolve a práctica totalidade das deficiencias que historicamente tivo a comarca da Barcala en materia de depuración das augas residuais, cunha capacidade de tratamento para 9500 habitantes.
“Estamos a falar en total duns traballos que inclúen a construción dun tanque de tormentas, a mellora da rede de saneamento e a edificación dunha nova Edar”, dixo, incidindo en que esta infraestrutura mellorará a calidade de vida dos veciños e a sustentabilidade da terra.
Así mesmo, afirmou que, cun investimento de 6,6 millóns de euros, esta obra é un claro exemplo do compromiso orzamentario que a Xunta está a facer para que o saneamento e o abastecemento das augas sexa unha realidade en toda Galicia.
Feijóo concluíu subliñando que este esforzo se estende tamén a toda a provincia da Coruña, cun investimento por parte da Xunta, “só na provincia”, de 315 millóns de euros en saneamento e depuración desde 2009.
O presidente do Goberno galego reiterou o compromiso da Xunta coa cooperación e o traballo conxunto entre administracións para seguir apostando polos servizos de calidade en todos os concellos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.