Feijóo destaca a evolución do sector da automoción galega que acredita que Galicia está na elite da construción de vehículos desde a eficiencia e a competitividade

Resalta a boa noticia que supón a produción do Peugeot 2008, que garante para Vigo e para Galicia “máis prosperidade, máis emprego e máis innovación”
Publicado por o día 02/10/2019 na sección de Galicia,Motor,Vigo,Xunta de Galicia

Feijóo destaca a evolución do sector da automoción galega que acredita que Galicia está na elite da construción de vehículos desde a eficiencia e a competitividade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a evolución do sector da automoción galega que acredita, aseverou, que Galicia está na elite da construción de vehículos desde a eficiencia e a competitividade.

Durante o lanzamento industrial do Peugeot 2008, Feijóo destacou deste xeito a contribución do sector ao impulso da innovación en Galicia, con fitos como que o primeiro coche autónomo que percorreu as estradas españolas saíse desde Vigo; ou que a planta de Balaídos sexa un paradigma de fábrica intelixente.

Ao longo do acto, o presidente da Xunta resaltou a boa noticia que supón a produción do Peugeot 2008, que garante para Vigo e para Galicia “máis prosperidade, máis emprego e máis innovación”.

Máis prosperidade, porque tanto este modelo como o K9 sitúan á cidade olívica na vangarda da marca, mantendo o seu protagonismo no deseño e fabricación dos novos vehículos; máis emprego, porque os novos modelos permiten asegurar 4.600 postos de traballo directos, e preto de 6.000 se se teñen en conta tamén os servizos auxiliares; e, máis innovación porque o Peugeot 2008 ven acompañado de melloras importantes, como o modelo eléctrico.

Así mesmo, aseverou que con esta produción refórzase tamén a competitividade e o prestixio dun ámbito absolutamente estratéxico para a economía de Vigo e de Galicia no seu conxunto, xa que o sector do automóbil supón o 13% do emprego industrial e xera unha cifra de negocio de máis de 8.650 millóns de euros ao ano. Ademais de apuntalar o no Centro Tecnolóxico da Automoción e de reforzar a potente industria auxiliar.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.