Feijóo destaca que ao longo desta lexislatura Bouzas tera un centro de Saude

Precisa que o plan estará dotado con 55,6 millóns de euros e que dos 20 centros, a metade están xa en marcha ou en fase de licitación
Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Sanidad,Xunta de Galicia

Feijóo destaca que ao longo desta lexislatura Bouzas tera un centro de Saude

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello o plan de investimento que se levará a cabo ao longo desta lexislatura para mellorar os servizos de atención primaria. Un plan que, dotado con 55,6 millóns de euros, permitirá que 310.000 galegos dispoñan a finais de 2020 de 20 novas infraestruturas sanitarias: 18 totalmente novas; e 2 ampliacións e melloras nos concellos da Illa de Arousa e A Laracha.

Máis polo miúdo, Feijóo precisou que dos 20 centros, a metade están xa en marcha ou en fase de licitación. Así, na actualidade a Axencia Galega de Infraestruturas xa está a traballar na construción dos novos centros de saúde de Ares e Gondomar, cun investimento conxunto de 4 millóns de euros.

Así mesmo, e cun investimento de 18 millóns de euros, xa se coñece tamén o proxecto construtivo das seguintes infraestruturas: novo centro de saúde e PAC do Milladoiro (Ames); ampliación do PAC da Laracha; novo centro de saúde da Estrada; ampliación e reforma do centro de saúde da Illa de Arousa; Salceda de Caselas; Pereiro de Aguiar; Paderne de Allariz; e Narón, que inclúe un PAC.

Por outra banda, os centros de saúde de Melide, O Saviñao, Pazos de Borbén e o Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia de Lugo –que integra tamén a atención á saúde mental, a base do 061 e un PAC-, atópanse nunha fase previa de tramitación, en concreto na redacción dos seus proxectos.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta confirmou que o Sergas está a traballar ademais na redacción dos plans funcionais especiais dos novos centros de saúde de Poio, Bouzas (Vigo) e o Centro integral de saúde de Lalín; nos estudos de necesidades sanitarias da poboación dos concellos de Cangas e Moaña; e no plan funcional especial do centro de saúde de Santa Lucía, na Coruña.