Feijóo destaca o contract como sector clave na estratexia industrial da comunidade, capaz de xerar emprego e riqueza

“Estamos a falar dun sector que nos proxecta no mundo, que crea postos de traballo e que crea riqueza”, di, ao que engade que, na actualidade, son xa máis de 100 as empresas galegas que traballan neste campo.
Por o 06/11/2017 | Sección: Emprego,Galicia,Xunta de Galicia
Feijóo destaca o contract como sector clave na estratexia industrial da comunidade, capaz de xerar emprego e riqueza

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe as oportunidades do contract como un sector clave na estratexia empresarial e industrial da Comunidade, capaz de xerar emprego e riqueza e de internacionalizar a marca Galicia. “Estamos a falar dun sector que nos proxecta no mundo, que crea postos de traballo e que xera riqueza”, aseverou, ao que engadiu que, na actualidade, son xa máis de 100 as empresas galegas que traballan neste campo.

Durante unha visita ás instalacións do Grupo Ramón García S.L., destacou que as empresas que se dedican ao contract apostan pola flexibilidade, polo emprego cualificado, pola innovación e polos produtos de alta calidade e de última tendencia. “Trátase dunha das industrias máis competitivas e con máis futuro, onde se acredita a complexidade loxística e se combina o eido técnico co creativo”, abundou.

Nesta liña, destacou que o Grupo Ramón García, que comezou como un taller de carpintaría en 1975, é hoxe unha empresa con cinco divisións –carpintería de obra, cociñas, deseño personalizado, Hi-MACS e contract-, que dá traballo a máis de 470 familias e cunha facturación de máis de 50 millóns de euros. Capaz de xestionar desde Ordes, Mesía e México os pedidos de clientes internacionais.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego coa internacionalización das empresas; “e hoxe, Galicia conta con case 7.000 empresas internacionalizadas”. E para que a Comunidade siga a ser un lugar para emprender, sólido e solvente.

Sobre este punto, referiuse á Lei de implantación empresarial, un instrumento para diminuír a burocracia e para facilitar solo industrial a prezos competitivos, e á iniciativa da Xunta de priorizar os Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles que aposten pola captación de investimentos, nas axudas para emprego, industria, comercio e emprendemento.

Noticias de última hora en Vigo