Feijóo destaca o labor dos establecementos turísticos de garda que ofreceron aloxamento ao persoal sanitario, traballadores esenciais e colectivos de risco durante o pico da pandemia

Lembra que para o persoal sanitario e de Política Social a Xunta puxo á disposición 15 establecementos hoteleiros nas áreas dos principais hospitais, chegando a usar este servizo máis de 250 profesionais destes colectivos
Publicado por o día 01/06/2020 na sección de Galicia,Turismo,Xunta de Galicia

Feijóo destaca o labor dos establecementos turísticos de garda que ofreceron aloxamento ao persoal sanitario, traballadores esenciais e colectivos de risco durante o pico da pandemia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o labor dos establecementos turísticos de garda que ofreceron aloxamento ao persoal sanitario, traballadores esenciais e colectivos de risco durante o pico da pandemia.

Se ben na comunidade chegaron a estar abertos 128 aloxamentos para este fin, cómpre salientar que só para o persoal sanitario e de Política Social durante o estado de alarma, a Administración galega puxo á disposición 15 establecementos hoteleiros nas áreas dos principais hospitais.

Grazas á colaboración dos profesionais do turismo, chegaron a usar este servizo máis de 250 sanitarios e persoal de Política Social que, ou ben vivían lonxe do seu centro de traballo ou querían protexer ao máximo a súa familia e preferiron pernoitar fóra do domicilio. Estes profesionais realizaron máis de 6.000 pernoitas.

Ao longo da visita, o titular da Xunta quixo destacar tamén o esforzo que o sector turístico está a facer para adaptarse á nova normalidade e incidiu na importancia do traballo conxunto para promocionar Galicia como un destino seguro e de calidade. Un obxectivo que recolle o Plan de reactivación dos sectores turístico e cultural, dotado con 27 millóns de euros e centrado na reactivación da demanda e accións de promoción, na creación de novos produtos turísticos, no apoio ao tecido empresarial e o mantemento do emprego, así como na formación, a competitividade e a innovación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.