Feijóo destaca o peso da pesca e do naval en Galicia e aposta por seguir traballando conxuntamente cos profesionais destes sectores para afrontar os novos retos

Subli√Īa que Galicia conta cos mellores datos de descarga de peixes e mariscos de toda a serie hist√≥rica
Publicado por o d√≠a 29/09/2018 na sección de Naval,Xunta de Galicia

Feijóo destaca o peso da pesca e do naval en Galicia e aposta por seguir traballando conxuntamente cos profesionais destes sectores para afrontar os novos retos

O presidente do Goberno galego, Alberto N√ļ√Īez Feij√≥o, destacou onte o peso dos sectores mar√≠timo-pesqueiro e naval en Galicia a apostou por seguir traballando cos profesionais de ambas as d√ļas √°reas para afrontar os novos retos.

No acto de clausura da xornada ‚ÄėLa renovaci√≥n de la flota y el futuro del sector naval en Galicia‚Äô, organizada por Faro de Vigo en colaboraci√≥n con Abanca, o titular da Xunta defendeu a necesidade de analizar a situaci√≥n de ambos os dous sectores mediante as lentes dos datos.

As√≠ pois, subli√Īou que Galicia conta cos mellores datos de descarga de peixes e mariscos de toda a serie hist√≥rica. En concreto, lembrou que a nosa Comunidade se atopa un 27% por riba da media hist√≥rica de desembarques e un 18, en facturaci√≥n.

Así mesmo, referiuse a outra importante actividade, a acuicultura, que alcanza os mellores resultados económicos desde 2009 cunha facturación superior, sinalou, aos 207 millóns de euros. De feito, explicou que, desde esta data, rexistra un incremento do 20% en facturación e de máis do 15% en volume de produción.

Pero ademais, o presidente fixo fincap√© na transformaci√≥n e comercializaci√≥n dos produtos do mar da nosa terra, que presentan cifras √° alza: a s√ļa facturaci√≥n medrou preto dun 6,5%.

Todo isto conseguiuse, segundo Feij√≥o, ‚Äúmantendo co sector posici√≥ns com√ļns ante situaci√≥ns complexas‚ÄĚ e traballando en tres obxectivos: conseguir unha maior produci√≥n nas nosas costas, pero sempre de maneira sostida e sustentable; obter unha mellor produci√≥n acu√≠cola, cultivando o mar con maior produci√≥n e menor impacto; e facer m√°is competitiva a nosa estrutura transformadora, √© dicir, vender mellor.

A este respecto, destacou varios datos: as cotas globais para Espa√Īa nas augas do Cant√°brico e Noroeste e Gran Sol e Francia medraron un 80% desde 2009; os bateeiros foron os destinatarios de arredor do 80% dos fondos dedicada √° acuicultura; pux√©ronse m√°is de 350 mill√≥ns de euros desde 2009 ata 2015 √° disposici√≥n do sector transformador para mellorar as estruturas da cadea mar-industria; e preto de 96 mill√≥ns para o per√≠odo 2016-2020, incrementouse o valor engadido aos produtos do mar transformados, pasando de 3,5 euros por quilo a case 5 na actualidade.

A continuaci√≥n, referiuse ao emprego neste sector e salientou que as afiliaci√≥ns ao R√©xime Especial do Mar, nos √ļltimos dous anos, increment√°ronse un 6 %.

Retos aos que se enfronta o sector

Pero ademais dos datos, o presidente non esqueceu os restos aos que se enfronta o sector pesqueiro: a asignación de cotas e a eliminación de descartes, o brexit e os novos regulamentos europeos. E apostou por afrontalos unidos, traballando conxuntamente co sector.

Neste sentido, puxo como exemplo a Vigo e aseverou que esta cidade suma cando aposta por construír novos buques de pesca, como os que faenarán en Malvinas para empresas viguesas, cando propón un modelo de comercialización transparente e loxisticamente avanzado, como a proposta de facer do Berbés a lonxa 4.0; ou cando incrementa o seu potencial de escaparate comercial dos produtos do mar con iniciativas como a feira Conxemar.

Feijóo tamén salientou o peso do sector naval na nosa Comunidade, con preto de 38.500 traballadores asociados a este sector e á industria auxiliar, un 6% máis de afiliacións á Seguridade Social que hai un ano.

As√≠ mesmo, subli√Īou que a carteira de pedidos en vigor nos estaleiros galegos suma 27 buques dun total de 64 contratos en Espa√Īa, √© dicir, un 42%. ‚ÄúO primeiro semestre do ano, os estaleiros galegos conseguiron 9 novos contratos, triplicando os obtidos polo resto de autonom√≠as. E, o m√°is importante, todos eles te√Īen carga de traballo contratada‚ÄĚ, afirmou.

Carga de traballo no naval
En total, continuou o presidente, a carga de traballo en carteira ou noutros estadios finais de negociación no conxunto dos estaleiros galegos suma un total de 3.317,9 millóns de euros.

Pero para seguir mantendo estas cifras, explicou, é preciso seguir apostando pola formación. A este respecto, referiuse aos plans de formación da Xunta, que permitiron cualificar a preto de 1.400 traballadores de naval cun investimento próximo aos 6 millóns de euros.

Pero ademais, concluíu, o Goberno galego puxo en marcha o pasado ano un plan de formación específico para o naval dotado de 12 millóns de euros, que se está a desenvolver nestes momentos.