Feijóo destaca o valor da historia para rehabilitar o noso pasado sen triunfalismos nin derrotismos

Recorda que así como existe a posverdade, existe igualmente unha ‘posthistoria’ que algúns converten en vasala de políticas que fracturan á sociedade, nun instrumento para a división e o enfrontamento
Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Xunta de Galicia

Feijóo destaca o valor da historia para rehabilitar o noso pasado sen triunfalismos nin derrotismos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o valor da historia para rehabilitar o noso pasado sen triunfalismos nin derrotismos.

Durante o acto de presentación do libro La peregrina, de Isabel San Sebastián, Feijóo recordou que así como existe a posverdade, existe igualmente unha posthistoria que algúns converten en vasala de políticas que fracturan a sociedade, nun instrumento para a división e o enfrontamento; “e de aí –aseverou- que sexa necesaria unha batalla incesante que defenda a historia como un lugar de encontro co bo e o malo dos nosos antepasados”.

Nesta liña, afirmou que a acollida que está a ter La peregrina, non só demostra a indiscutible calidade literaria da autora, senón que o éxito evidencia tamén o “apetito social” por achegas que nos liberen para sempre do pesimismo histórico. “Existe un cansazo derivado de ter que ler ou ver só heroes alleos, cando aquí son numerosos e en ocasións estaban inéditos”, abundou, referíndose á protagonista da novela, Alana Coaña.