Feijóo incide na importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para afrontar os retos do futuro e manter a equidade, a universalidade e a accesibilidade da Sanidade Pública

Subliña que as comunidades e o Goberno central teñen que afrontar retos como a mellora do sistema informático; a falta de profesionais en atención primaria e en determinadas especialidades, así como a sustentabilidade do sistema
Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Sanidad,Xunta de Galicia

Feijóo incide na importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para afrontar os retos do futuro e manter a equidade, a universalidade e a accesibilidade da Sanidade Pública

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse onte á importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para afrontar os retos do futuro e manter a equidade, a universalidade e a accesibilidade da Sanidade Pública.

“Temos que seguir avanzando para xuntos afrontar os retos”, dixo, subliñando que as comunidades e o Goberno central que saia das vindeiras eleccións teñen que afrontar retos como a mellora do sistema informático do Sistema Nacional de Saúde; a falta de profesionais en atención primaria e en determinadas especialidades, así como a sustentabilidade do sistema.

Durante a cerimonia de entrega da XIV edición dos Premios Best in Class (BIC), Feijóo aseverou que “nos esperan miles de retos e precisamos recursos”, asegurando que a Sanidade Pública é para un presidente autonómico a súa principal prioridade.

Non en van, salientou que as comunidades destinan entre o 40 e o 44 % dos seus orzamentos para esta materia. Así mesmo e a modo de exemplo, lembrou os 1.000 millóns de euros que Galicia destina ao gasto farmacéutico

O presidente da Xunta concluíu con palabras de recoñecemento para todos os premiados e, moi especialmente, para os servizos da Sanidade Pública galega galardoados nestes premios.