Feijóo no aniversario da primeira vitoria electoral: “Sempre quixen ser presidente de Galicia”

O expresidente lembra a primeira maioría absoluta de Feijóo en 2009 como “o primeiro chanzo” da “recuperación” do PP en España
Publicado por o día 01/03/2020 na sección de Partido Popular,Política

Feijóo no aniversario da primeira vitoria electoral: “Sempre quixen ser presidente de Galicia”

O Partido Popular de Galicia celebra os once anos de Alberto Núñez Feijóo no goberno da Xunta. Un acto en Ourense no que Feijóo asegurou que o seu compromiso con Galicia está máis vixente ca nunca.

Nova sintonía para celebrar o aniversario da primeira victoria electoral Feijóo, pero na letra a protagonista a mesma palabra das últimas campañas: Galicia, porque o seu compromiso co páis, dixo, segue vixente.

“IMPÓRTAME MOITO GALICIA”

Tras facer un repaso pola súa carreira política, con raíces en institucións galegas como a Deputación de Pontevedra e a Xunta, lembrou que “hai dous anos escasos” deixou a Presidencia do Goberno e do PP. Con todo, advertiu que a súa retirada da política “non significa” que non lle importe España nin Galicia.

“Ao meu impórtame España, como a calquera español que se prece de selo. E ao meu, como galego, impórtame moito Galicia e por isto estou hoxe aquí”, explicou, para apoiar a un Feijóo que o próximo 5 de abril tratará de obter a súa cuarta maioría absoluta consecutiva.

EN 2009, O “PRIMEIRO CHANZO”

é que aquela vitoria electoral de 2009, tras catro anos dun bipartito de PSOE e BNG, supuxo –en palabras de Rajoy– “o primeiro chanzo” para a “recuperación” do PP, que volvería ao Goberno de España cunha maioría absoluta en 2011.

Non en balde, lembrou que “desde aquel 1 de marzo” de hai 11 anos, o PP “foi a primeira forza política” nas sucesivas citas electorais “durante 10 anos”, ata 2019. Por iso, “esas eleccións merecen ter un sitio na historia do noso partido e tamén na de Galicia”, apostilou.

Botando a vista atrás, Rajoy lembrou que, con Feijóo, a Comunidade galega pasou “daquel modelo do bipartito das leas, que tanto dano fixo e segue facendo en tantas partes de España”, a un goberno “forte, ordenado, coherente e moderado”. “Por iso este partido gaña as eleccións aquí, porque é o que se parece a Galicia”, sentenciou.

AGRADECEMENTOS

“Os galegos saben que dende aquel 1 de marzo non fixen outra cousa que cumprir co meu deber.”
Agradeucelles a Rajoy e Casado que lle ofreceran outras responsabilidades, pero el, asegura, só se debe aos galegos.

“Eu non quixen optar a ser ministro do Goberno de España. Grazas, presidente Rajoy. Porque quería ser presdiente de Galicia. Eu non quixen presentarme para optar á presdiencia do PP, porque quería ser presidente de Galicia”.

Reivindicou as siglas do seu partido, pero insistiu que o primeiro é o servizo aos cidadáns.
“Por iso sempre acabamos igual, querido Pablo (Casado): Galicia, Galicia, Galicia e por cuarta vez Galicia. Imos alá”, rematou o mitin Feijóo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.