Feijóo pide o voto para o PP porque está, coñece, quere e valora Galicia fronte a franquicias ás que lles dá igual

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para o Partido Popular, porque está, coñece, quere e valora Galicia, fronte a franquicias ás que lles dá igual: “Pido o voto para o PP, porque é un voto para unha España mellor e é un voto para que Galicia teña a importancia que merece en España”.
Por o 13/04/2019 | Sección: Partido Popular,Política
Feijóo pide o voto para o PP porque está, coñece, quere e valora Galicia fronte a franquicias ás que lles dá igual

Así, salientou que o Partido Popular, tendo unha idea global de España, ten ideas, propostas e equipos que serven aos seus veciños, que non toca de oído ante os seus problemas e que valora o esforzo da súa xente.

Feijóo, que reivindicou que cada veciño, cada galego e cada español é igual de importante que outro, apuntou que, a diferenza do PP, hai partidos que non ven máis aló de Madrid e Barcelona: “Uns queren que toda España sexa como Madrid e outros queren que toda España sexa como a Cataluña independentista, pero iríanos mellor se España se parecese máis a Galicia”, onde hai estabilidade, responsabilidade, respecto, cordialidade, convivencia e sentidiño.

UN GOBERNO ÚTIL PARA GALICIA

Feijóo avogou por un Executivo útil para Galicia, que pelexe polos empregos dos galegos e que nunca se dea por satisfeito mentres que non cumpra os seus compromisos coa Comunidade. Por iso, incidiu en que “un Goberno de España para o que Galicia sexa importante só é posible co Partido Popular”.

Neste senso, tamén fixo fincapé en que ao PP si lle importa Galicia, porque ten como únicos socios aos galegos e non a Batasuna-Bildu e ERC como o BNG; porque quere a mellora das súas infraestruturas e máis investimento e non presume, como fan o PSdeG e as Mareas de Podemos, duns orzamentos que lle quitan a cada galego tres de cada 10 euros; e porque ten axenda, ideas e equipos para toda Galicia, non como Ciudadanos, que non ten propostas, nin como Vox, inventan problemas que no existen.

Nun acto en Teo, posterior á súa visita á praza de Abastos de Santiago, Feijóo recordou que no 2016 os galegos, coa súa unión nas urnas, votaron o que era mellor para Galicia, evitando así que esta fose xestionada coa frivolidade de Pedro Sánchez, que as Mareas de Podemos elaborasen os orzamentos que e que os nacionalistas e independentistas esixiran referendos: “O que non queremos para Galicia non podemos querelo para España”.

O PSOE É UN FREO PARA ESPAÑA

Ante a alerta dunha desaceleración, o líder do PPdeG dixo que o PSOE e os seus socios son un freo para España, polo que a única garantía de avance e o único valor seguro xestionando as dificultades é o Partido Popular: “Con un Goberno de Pedro Sánchez, a posible desaceleración volverá ser crise; con un Goberno do PP, seguiremos falando de recuperación”.

Feijóo destacou que nestas eleccións todos os votos son necesarios e que teñen que ser útiles: “Todos os votos teñen que converterse en escano e, por iso, temos que unirnos nas urnas no PP”. Deste xeito, remarcou que en España haberá un Goberno que goberne como o de Galicia e co que ao país lle irá mellor, porque, tal e como sinalou, que Pedro Sánchez repita non é bo nin para os galegos nin para o resto dos españois.

Comentar noticia

Your email address will not be published.