Feij√≥o salienta que a posta en marcha dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a econom√≠a tras a pandemia permitir√°n a creaci√≥n de case 1.700 empregos grazas a un investimento de 1.300 M‚ā¨

Explica que o primeiro proxecto consistirá na implantación dun centro para o impulso da economía circular, a segunda iniciativa estará centrada na produción sostible de fibra forestal e o terceiro consistirá na instalación dunha planta de produción de hidróxeno verde por electrólisis
Publicado por o d√≠a 19/06/2020 na sección de Xunta de Galicia

Feij√≥o salienta que a posta en marcha dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a econom√≠a tras a pandemia permitir√°n a creaci√≥n de case 1.700 empregos grazas a un investimento de 1.300 M‚ā¨

O presidente do Goberno galego, Alberto N√ļ√Īez Feij√≥o, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que a posta en marcha dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a econom√≠a tras a pandemia permitir√°n a creaci√≥n de case 1.700 empregos directos na Comunidade, grazas a un investimento de case 1.300 mill√≥ns de euros.

Estas iniciativas serán claves na transición cara á sustentabilidade e competitividade do tecido produtivo da Comunidade. Para o seu financiamento por unha banda, poderá optar a fondos europeos de programas como o Pacto Verde Europeo (European Green Deal); o instrumento de recuperación temporal para o período 2021-2024, dotado con 750.000 millóns de euros (Fondo Next Generation); e a través dunha financiación multilateral de distintas institucións europeas como o Banco Europeo de Investimentos. E por outra banda, con fondos propios da Xunta de Galicia e fondos privados.

Centro para o impulso da economía circular

No tocante ao primeiro proxecto, Feij√≥o explicou que consistir√° na implantaci√≥n dun Centro para o impulso da econom√≠a circular, o obxectivo √© asegurar este principio na xesti√≥n de residuos para a s√ļa transformaci√≥n e valorizaci√≥n en produtos de m√°xima calidade.

Nesta iniciativa investir√≠anse aproximadamente 525 mill√≥ns, baixo a previsi√≥n de crear 820 empregos directos. O centro tratar√° arredor de 2 mill√≥ns de toneladas de residuos ao ano, entre xurros, residuos industriais, pl√°sticos e residuos t√©xtiles e lixo mari√Īo.

Produción sustentable de fibra forestal

A segunda iniciativa tractora estará centrada na produción sostible de fibra forestal coa finalidade de impulsar a biodiversidade e pechar o círculo do aproveitamento da madeira. Para iso, proporase a creación dun centro de fabricación de fibras téxtiles sostibles a partir da celulosa soluble da madeira, que permita diversificar un sector estratéxico para Galicia.

A posta en marcha desta planta de produción suporá un investimento aproximado de arredor de 700 millóns de euros, coa creación duns 800 novos postos de traballo directos.

Este proceso ter√° unha captaci√≥n de entre 25.000 e 45.000 toneladas de CO2 e un consumo de arredor de 1,5 mill√≥ns de metros c√ļbicos de madeira por ano. Ademais, permitir√° unha xesti√≥n forestal sostible de entre 100.000 e 150.000 hect√°reas de monte con biodiversidade, xerando unhas 250.000 toneladas de fibra de celulosa sostible anuais.

Hidróxeno verde

O terceiro dos proxectos consistir√° na instalaci√≥n dunha planta de produci√≥n de hidr√≥xeno verde por electr√≥lisis de 50MW para o seu uso na industria, na mobilidade e para a s√ļa inxecci√≥n na rede galega de gasodutos. Tr√°tase dunha iniciativa pioneira en Espa√Īa e que permitir√° incrementar a capacidade de xeraci√≥n renovable en Galicia e impulsar a descarbonizaci√≥n eficiente da industria galega.

Este proxecto contribuir√° a converter Galicia nun referente no √°mbito da transici√≥n ecol√≥xica e aproveitar o incremento da xeraci√≥n de renovables no horizonte 2030. Non en van, permitir√° cumprir a Axenda Galega de Transici√≥n Enerx√©tica, que fixa entre os seus obxectivos para 2030 que as enerx√≠as renovables representen o 75% sobre o consumo final, e que o 100% da xeraci√≥n el√©ctrica prove√Īa de enerx√≠as renovables.

Aceleradora especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19
Dentro do eido económico, Feijóo referiuse tamén á posta en marcha dunha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á covid-19.

Nesta iniciativa Connect-19 poder√°n participar pequenas e medianas empresas que recibir√°n: asesoramento individualizado; capacitaci√≥n comercial e t√©cnica; e potenciar√°n a s√ļa capacidade de captaci√≥n de financiamento, seguindo unha folla de ruta personalizada enfocada ao fortalecemento do seu acceso ao mercado.

O programa desenvolverase en colaboraci√≥n co Parque Tecnol√≥xico de Galicia (Tecn√≥pole), situado en San Cibrao das Vi√Īas (Ourense), ter√° unha duraci√≥n de 5 meses e contar√° cun orzamento de preto de 600.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes para esta iniciativa está previsto que se active este mes e permanecerá aberto ata o 10 de xullo.

Poder√°n presentarse pemes de calquera sector con presenza no mercado e que acheguen soluci√≥ns de valor engadido con alg√ļn factor innovador fronte ao coronavirus, con comercializaci√≥n inmediata e cun alto potencial de crecemento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.