O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe ao Goberno central que permita convocar a Galicia neste ano 2020 a maior Oferta Pública de Emprego (OPE) da historia do Sergas.
“Desde o ano 2012 ao ano 2019 incorporáronse 6.000 persoas ao Sergas a través das distintas Ofertas Públicas de Emprego e no ano 2020 queremos facer unha macrooferta pública de emprego” dixo, lembrando que para iso é imprescindible que o Goberno central permita a Galicia convocar todas as prazas vacantes que ten o Sergas e non o limite coa taxa de reposición.
Nesta liña, o titular do Goberno galego avanzou que farán todo o posible para que o Goberno Central, o Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Administracións Públicas entendan as necesidades da Sanidade Pública galega. Así, e incidindo no feito de que “todos queremos defender a Sanidade Pública”, Feijóo destacou a súa esperanza de que todas as persoas que traballan pola súa defensa “non nos impidan contratar a máis xente con carácter estable a través desta OPE que queremos sacar neste primeiro trimestre deste ano”.
O presidente da Xunta incidiu en que o Goberno galego seguirá defendendo a Sanidade Pública construíndo hospitais e centros de saúde, renovando a tecnoloxía sanitaria, diminuíndo as listaxes de espera e incrementando a plantilla do Sergas, como o leva facendo nos últimos 10 anos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.