Feijóo subliña que o seu compromiso con Vigo segue intacto e a súa ilusión é que esta cidade siga avanzando

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o seu compromiso con Vigo segue intacto, logo do moito que se avanzou nos últimos anos. Así, asegurou que, aínda que as prioridades de todos reconfiguráronse nos últimos meses por mor da pandemia do Covid-19, a súa ilusión é que Vigo siga avanzando.
Publicado por o día 24/06/2020 na sección de Partido Popular,Política

Feijóo subliña que o seu compromiso con Vigo segue intacto e a súa ilusión é que esta cidade siga avanzando

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o seu compromiso con Vigo segue intacto, logo do moito que se avanzou nos últimos anos. Así, asegurou que, aínda que as prioridades de todos reconfiguráronse nos últimos meses por mor da pandemia do Covid-19, a súa ilusión é que Vigo siga avanzando.

O presidente dos populares galegos detalla, a través dun vídeo -publicado na súa conta de Twitter- as principais actuacións da Xunta na urbe. Trátase dunha acción conxunta ao resto das grandes cidades, nas que se fai un repaso polos principais fitos e investimentos desde 2009. A través deste vídeo, preténdese poñer en valor todo o traballo realizado, antes de que a pandemia do Covid-19 viñera a cambiar o escenario de prioridades.

No caso de Vigo, fixo fincapé na mellora dos servizos sanitarios e puxo como exemplo o mellor hospital público de Galicia e un dos mellores de Europa, ao que se engadiron outras melloras no ámbito sanitario como a modernización do Hospital Meixoeiro e os novos centros de saúde de San Paio de Navia, de Taboada Leal e o de Bouzas.

APOIO AO NAVAL E AUTOMOCIÓN

Feijóo sinalou que nestes anos tamén se apoiou de forma decidida ao naval, logo dunha ardua negociación con Bruxelas para botar abaixo o tax-lease e os 100 millóns de euros en investimentos para a innovación, a formación e as empresas auxiliares, o que permitiu situar a Galicia como o segundo territorio con máis pedidos de Europa.

No ámbito da automoción, o Goberno do PPdeG destinou máis de 186 millóns de euros para proxectos neste sector, o que permitiu crear arredor de 1.500 postos de traballo e que un de cada seis coches fabricados en España leven o selo vigués.

Preservouse, tamén, o liderado marítimo con iniciativas como o Proxecto Lonxa 4.0 no Berbés, coa nova lonxa de Canido e con axudas á industria transformadora. Outra das actuacións acometidas polo Goberno galego foi a primeira ampliación do IFEVI, ao tempo que se favoreceu a captación de novos investimentos a través da PLISAN.

Mellorar a intermobilidade de Vigo e a súa comarca foi outro dos compromisos asumidos polo Goberno de Feijóo, un feito que se traduciu na construción da autovía do Morrazo; as sendas peonís de Navia, Coruxo e Saians, así como a mellora da seguridade viaria en San Miguel de Oia e Valadares. Outra das actuacións salientables foi a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano.

No referido ás infraestruturas hidráulicas, Feijóo destacou a construción da depuradora de Lagares e os traballos de saneamento realizados en Teis.

SERVIZOS PÚBLICOS

Agora hai máis prazas públicas de gardería e máis axudas no fogar. E abriuse a ETEA ao conxunto de Vigo cun Campus do Mar, a nova residencia de maiores, que o Goberno galego impulsa coa Fundación Amancio Ortega, e con novos espazos para o deporte e o desfrute cidadán.

Ademais, existen máis infraestruturas educativas novas, ampliadas e reformadas, logo dos investimentos no novo CEIP Virxe do Rocío, as ampliacións dos CEIP Alfonso Rodríguez Castelao e Pintor Laxeiro, e do IES de Teis; a rehabilitación do CEIP García Barbón e a reforma do CEIP O Pombal. De cara ao futuro, a previsión é reformar o IES Santa Irene, ampliar o CIFP Valentín Paz Andrade e o novo IES de Navia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.