Feijóo traslada aos novos directivos de PSA o compromiso de continuar traballando xuntos para que Vigo siga a ser unha das fábricas de maior competitividade de Europa e de España

Lembra que a Xunta está a acompañar ao sector e a PSA no eido da innovación e da formación tanto de empregados novos, como na formación continua dos máis de 4.500 empregados da factoría de Balaídos de cara a fabricación de novos modelos
Por o 04/02/2019 | Sección: Economía,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
Feijóo traslada aos novos directivos de PSA o compromiso de continuar traballando xuntos para que Vigo siga a ser unha das fábricas de maior competitividade de Europa e de España
Compartir en:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe aos directivos de PSA o compromiso de Galicia coa automoción e de continuar traballando xuntos para que Vigo siga sendo unha das fábricas de maior competitividade de Europa e de España; é dicir, un polo de construción, de compoñentes e de innovación da automoción, en colaboración co CTAG e a Administración autonómica.

Durante a xuntanza co novo director da planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën, Ignacio Bueno, e co novo director do Polo Ibérico, Juan Antonio Muñoz Codina, Feijóo lembrou que a Xunta está a acompañar ao sector e a PSA no eido da innovación e da formación tanto de empregados novos, como na formación continua dos máis de 4.500 empregados da factoría de cara a fabricación de novos modelos.

Así mesmo, e en relación á construción dunha subestación eléctrica, un elemento fundamental para abaratar os custos na fabricación de vehículos, o presidente da Xunta recordou que esta demanda foi incluída polo Goberno de Rajoy na planificación da rede eléctrica española, dentro dos investimentos entre os anos 2015 e 2020, e ratificado polo actual. “Polo que entendemos que este Goberno ten que proseguir con este compromiso, tal e como lle recordamos o conselleiro e eu mesmo á ministra para a Transición Ecolóxica, o pasado mes de novembro”.

Feijóo concluíu incidindo en que o encontro serviu, en definitiva, para ratificar a colaboración entre PSA e Xunta, co obxectivo de seguir impulsando un sector estratéxico para Galicia, que produce o 15% de vehículos que se fabrican en España.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.