Feira do Libro de Vigo, actividades organizadas pola Editorial Galaxia

Por o 25/06/2019 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
Feira do Libro de Vigo, actividades organizadas pola Editorial Galaxia

Cada ano, durante a primavera e o verán, as feiras do libro na comunidade autónoma galega sucédense polas súas principais cidades, cargadas de actos, actividades e os clásicos descontos para os que se acheguen a comprar exemplares ás súas casetas.

Repasando as mellores feiras do libro de Galicia e propoñémoste que che achegues a elas para visitar e descubrir as localidades onde se sitúan, ao mesmo tempo que gozas dalgunhas das súas citas culturais imprescindibles.

Con máis de corenta edicións ás súas costas, a Feira do Libro de Vigo (Pontevedra) é unha das mellores feiras do libro de Galicia. Organízase a partir de finais de xuño ata principios de xullo, na Pórta do Sol, cando unha decena de libreiros abren as súas casetas para atender aos amantes dos libros. Entre as súas actividades poderás asistir a talleres, actividades infantís, presentacións e firmas de libros, e actuacións musicais.

Dende o 27 de xuño ata o 5 de xullo terán lugar na Feira do Libro de Vigo diferentes actividades organizadas pola Editorial Galaxia: presentacións, sinaturas e eventos para o público infantil. Contaremos coa presenza de autoras e autores como Arantza Portabales, Manuel Portas, Domingo Villar, Iolanda Zúñiga, Xoán Curiel, Magín Blanco ou María Xosé Porteiro, entre moitos outros.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.