A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde, voceiro do Partido Popular mosense e presidente do comité local dos populares de Mos, convocaron hoxe ás 13.00 horas unha reunión na sede local do Partido, sita en Petelos, para anunciarlles aos membros do comité que unha das súas integrantes foi elixida para formar parte da lista electoral ao Parlamento de Galicia do candidato a revalidar a presidencia autonómica e actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Trátase de Feli Rodríguez, da parroquia de Tameiga, unha mosense que representa a aposta clara e firme da alcaldesa Nidia Arévalo, que lle realizou persoalmente a petición ao presidente Feijóo para que contase con ela. Sobre ela Arévalo asegura que “será a mellor defensora de Tameiga e de Mos no Parlamento e a súa presenza é unha aposta total e absoluta pola muller e a igualdade de xénero”.
E é que aínda que vai no posto 16, se Alberto Núñez Feijóo gaña as eleccións autonómicas de novo o vindeiro 5 de abril, Feli Rodríguez sería deputada autonómica, sendo a primeira muller da comarca da Louriña no Parlamento de Galicia e só precedida por outro representante mosense, neste caso varón, o ex alcalde tamén popular Justo José González Ballesta.
Quen é Feli Rodríguez Carrera
María Felisa Rodríguez Carrera. 23/Xaneiro/1964 (56 anos). Conta con formación e titulación como Administrativo e iniciou estudos de Dereito na UNED. Profesionalmente leva desenvolvendo actividades administrativas máis de 30 anos, tanto por conta propia como allea. A súa gran empatía resulta fundamental á hora de desenvolver traballos en equipo e enfrontarse á resolución de problemas, ámbitos nos que destaca, así como o seu afán de traballo e perseveranza.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.