Ferida de consideración unha muller en Palas de Rei tras ser atropelada por un turismo

Publicado por o día 05/05/2019 na sección de Sucesos

Ferida de consideración unha muller en Palas de Rei tras ser atropelada por un turismo

Unha muller resultou ferida de consideración esta tarde despois de ser atropelada por un turismo que circulaba á altura de Coence, en Palas de Rei.

Nada mais recibir a alerta dun particular, ás 18:00 horas, que indicaba que a persoa podía estar atrapada baixo o turismo, o 112 Galicia alertou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Chantada. Ademais, o persoal sanitario comunicou aos xestores de emerxencias que un helicóptero medicalizado tamén se desprazaba ata o punto.

Igualmente, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade, así mesmo, foron informados os membros do GES de Monterroso. Sen embargo, unha vez no punto, os efectivos de Protección Civil descartaron a excarceración, a ferida estaba consciente e puido ser liberada polas testemuñas que se atopaban no lugar dos feitos.

Finalmente, a persoa foi evacuada en helicóptero e traslada aho Hospital Universitario Lucus Augusti.

Comentar noticia

Your email address will not be published.