Ferida de consideración unha persoa en Covelo ao introducir unha perna nunha fresa

Publicado por o día 08/05/2020 na sección de Sucesos

Ferida de consideración unha persoa en Covelo ao introducir unha perna nunha fresa

Unha persoa precisou asistencia sanitaria esta mañá en Covelo ao ferirse nunha perna cunha fresa. Ocorreu na parroquia Godóns, ao fío das 11:45 horas.

Debido á gravidade das feridas da persoa, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado, aínda que, finalmente, foi trasladada nunha ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Foi unha persoa particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil, dos Bombeiros e GES de Ponteareas e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.