Ferida grave unha menor atropelada por unha moto en Mugardos

Publicado por o día 14/10/2018 na sección de Eventos

Ferida grave unha menor atropelada por unha moto en Mugardos

Unha nena resultou ferida grave a causa dun atropelo no Porto de Mugardos.

Sucedeu ás dúas desta tarde, cando a cativa foi alcanzada por unha moto na zona de bares. Así o informaron varias persoas que contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente para a pequena.

Ademais dos profesionais sanitarios, acudiron ao lugar os membros do GES de Mugardos e os axentes da Garda Civil de Tráfico para aclarar as circuntancias que rodearon o accidente debido a que o motorista non se atopaba no lugar.

Pola súa banda, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias encargouse do traslado da nena ao centro hospitalario de referencia.