Ferida grave unha septuaxenaria en Vigo tras ser atropelada por un furgón

Por o 25/06/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Ferida grave unha septuaxenaria en Vigo tras ser atropelada por un furgón
Compartir en:

Se dalgunha maneira pódese definir a xornada de onte para os Axentes que prestan servizo na Unidade de atestados da Policía Local de Vigo foi atarefada. Ás 10:55 horas na zona de San Amaro, produciuse un atropelo con resultado dunha ferida grave.

Segundo parece a vítima A.A.F, veciña desta cidade de 79 anos de idade, cruzaba correctamente polo paso habilitado, cando foi arremetida por un furgón cuxo condutor non puido precisar as causas de tal acto.

Desprazados ao lugar, a Unidade GOA en apoio puido comprobar que a referida estaba consciente, -como é normal- moi nerviosa e presentaba o rostro ensanguentado, apreciándose un forte golpe na zona esquerda do mesmo. Foi evacuada por unha ambulancia do 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser tratada das lesións sufridas, quedando ingresada na UCI do citado centro médico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.