Ferida unha muller ao caer por un terraplén en Meis

Publicado por o día 24/08/2020 na sección de Sucesos

Ferida unha muller ao caer por un terraplén en Meis

Unha muller precisou asistencia médica a pasada tarde en Meis despois de caer por un terraplén na Ruta da Pedra e da Auga. Para coñecer a súa posición e que fose atendida, un compañeiro da muller que resultou ferida enviou a súa localización ao 112 Galicia través da aplicación de WhatsApp.

Todo ocorreu preto das 18:50 horas e, nada máis obter estes datos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros de Ribadumia, que axiña desprazáronse ata o lugar para rescatar á muller. Unha vez liberada e accesible, foi finalmente trasladada nunha ambulancia a un centro médico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.