Ferido un condutor despois de saírse da vía co seu turismo no Porriño

Por o 09/01/2018 | Sección: Sucesos
Ferido un condutor despois de saírse da vía co seu turismo no Porriño
Compartir en:

Un condutor resultou ferido despois de chocar contra un farol tras saírse da vía co vehículo que conducía ao paso da Rúa Progreso, á altura da estación do tren do Porriño.

O accidente ocorreu ao fío das 19:30 horas da tarde pasada. Foi a esa hora, cando un particular informou ao 112 Galicia do accidente, solicitaba ademais, asistencia sanitaria para unha persoa que estaba inconsciente.

Decontado, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Aínda que o alertante aseguraba que non eran precisos os medios de excarceración, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou, igualmente,  da situación aos Bombeiros do Baixo Miño.