Ferido de consideración un operario en Vilagarcía de Arousa ao cortarse cunha máquina

Un home que traballaba nunha nave do Polígono de Bamio, en Vilagarcía de Arousa, precisou asistencia sanitaria despois de cortarse coa máquina que manexaba.

Ocorreu uns minutos antes das 14:45 horas. Foi unha persoa particular quen deu conta do sucedido ao 112 Galicia e, axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado.

Tamén, desde o 112 Galicia requiriuse a actuación da Policía Nacional e Local e do Servizo Municipal de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Vilagarcía.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario