Ferido despois de saírse da vía e caer dunha ponte o coche no que viaxaba en Avión

Por o 30/08/2018 | Sección: Sucesos
Ferido despois de saírse da vía e caer dunha ponte o coche no que viaxaba en Avión

Un home resultou ferido despois de que o coche no que circulaba caese dunha ponte ao saírse da vía en Avión. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón era o único ocupante do turismo accidentado.

O sinistro sucedeu na OU-212, á altura da parroquia de Amiudal, ás 14:30 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da alerta dunha persoa particular. Indicaba no seu relato que xa sacaran do coche ao home e solicitaba unha ambulancia.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Avión e aos Bombeiros do Carballiño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.