Ferido grave en Lalín un operario ao caerlle enriba unha viga

Por o 08/10/2018 | Sección: Sucesos
Ferido grave en Lalín un operario ao caerlle enriba unha viga
Compartir en:

Un operario resultou ferido grave ao caerlle unha viga enriba mentres realizaba o seu traballo.

O accidente ocorreu sobre as 11:00 horas desta mañá, na empresa para a que operario traballa, situada no Polígono Industrial de Botos, en Lalín.

Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia informou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias. Tras valorar a situación e advertir da posibilidade de que o traballador estivese atrapado, os servizos sanitarios, comunicaron que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazaba ata o lugar. Os Bombeiros do Deza tamén se desprazaron ao punto nada mais ser alertados e xunto co persoal sanitario  sacaron ao traballador de entre os ferros.

Dende o 112 solicitouse, ademais, a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e dos membros do GES e de Protección Civil da localidade.

Finalmente,  o traballador foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.