Un motorista resultou ferido grave esta tarde en Coles despois de que o vehículo no que viaxaba colidise contra un coche. Sucedeu en Gustei, ao fío das 12:55 horas.
Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias alertaba do accidente ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Carballiño, do GES do Pereiro de Aguiar e de Protección Civil.
Finalmente, o condutor da moto foi trasladado polos efectivos sanitarios a un centro médico.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.