Ferido grave un detido que se lanzou desde un noveno piso durante un rexistro domiciliario en Vigo

Un home de 35 anos de idade resultou ferido moi grave tras lanzarse ao baleiro desde un noveno piso nun edificio de Vigo, onde estaba a asistir a un rexistro domiciliario en calidade de detido e investigado.
Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Ferido grave un detido que se lanzou desde un noveno piso durante un rexistro domiciliario en Vigo

Un home de 35 anos de idade resultou ferido moi grave tras lanzarse ao baleiro desde un noveno piso nun edificio de Vigo, onde estaba a asistir a un rexistro domiciliario en calidade de detido e investigado.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste xoves, no número 190 da Avenida de Castrelos. Nun domicilio do noveno piso, o detido estaba a asistir, con avogados da defensa e en presenza da letrada da Administración de Xustiza, a un rexistro domiciliario.

No transcurso desa dilixencia, “de maneira sorpresiva, abalanzouse sobre unha xanela da vivenda, precipitándose ao baleiro desde un noveno piso”. O home impactou contra o chan e resultou ferido “moi grave”, sendo evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.

As mesmas fontes informaron de que o home foi detido tras a presentación dunha denuncia por parte dunha muller, que asegurou que fora retida á forza no domicilio onde se estaba efectuando o rexistro.

O detido estaba a ser investigado polos supostos delitos de detención ilegal, delitos contra a liberdade sexual e revelación de segredos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.