Un home resultou ferido grave tras caer da moto que conducía en Mondariz.
Foi un particular quen, pasadas as sete da tarde de onte, chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para o motorista que sufriu unha caída no lugar de Cambra. Así, informouse aos servizos sanitarios de urxencia, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do GES-Bombeiros de Ponteareas. Non obstante, o ferido estaba liberado e accesible.
Noticias de última hora en Vigo