Ferido grave un operario ao caer no oco do ascensor en Ponteareas

Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Galicia,Ponteareas,Sucesos

Ferido grave un operario ao caer no oco do ascensor en Ponteareas

Un operario resultou ferido grave ao caer polo oco do ascensor que revisaba en Ponteareas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas de onte no lugar de Alemparte cando o traballador realizaba o mantemento do elevador e caeu ao oco, a unha altura equivalente a dous pisos. Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro en estado grave.

Ademais dos profesionais sanitarios, acudiron ao lugar os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso.