Ferido un home en Mos tras desprenderse a cornixa da súa casa que reparaba

Por o 08/05/2018 | Sección: Sucesos
Ferido un home en Mos tras desprenderse a cornixa da súa casa que reparaba
Compartir en:

Un home, de avanzada idade, resultou ferido de consideración na localidade pontevedresa de Mos ao desprenderse a cornixa da súa casa que, nese momento,  reparaba.

O CIAE tivo constancia do suceso, ao fío das 11:00 horas desta mañá, grazas á chamada dun particular que alertaba da cornixa dunha casa a piques de caer.

Foi a partires dese momento cando dende o 112 Galicia se puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, dos Bombeiros de Porriño e dos efectivos do Servizo de Emerxencias municipal.

Unha vez no punto, efectivos de Protección Civil confirmaron que a persoa, dono da casa, sufriu unha caída cando reparaba a cornixa e foi trasladado polo persoal sanitario en estado grave ata o centro hospitalario de referencia.