Os membros do GES da Guarda rescataron esta pasada noite a un home que sufriu unha caída nas rocha mentres pescaba en Camposancos, no concello da Guarda.
O mesmo implicado foi quen, ao fío das 00:00 horas, solicitou axuda ao 112 Galicia, indicaba que sufrira unha caída e necesitaba asistencia. A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES. Tamén, informaron aos Bombeiros de Baixo Miño e á Garda Civil.
Nada mais chegar ao lugar e, debido a que o home se atopaba nunha zona de difícil acceso, foi necesario o uso dunha padiola para evacuar á persoa e trasladala ata o lugar onde agardaba unha ambulancia.
Noticias de última hora en Vigo