Fernán Vello esixe ao Goberno que rectifiquen e que non sigan a denigrar a filosofía: “Restitúan xa o seu fundamental ensino en bacharelato!”

Íñigo Méndez de Vigo vaise pola tanxente e escúdase nas CC.AA cando é o Ministerio quen cambiou o currículo estatal convertendo a Historia da Filosofía en optativa en 2º de bacharelato e abrindo a porta para que non fose troncal.
Publicado por o día 21/06/2017 na sección de BNG,Educación,Política

Fernán Vello esixe ao Goberno que rectifiquen e que non sigan a denigrar a filosofía: “Restitúan xa o seu fundamental ensino en bacharelato!”

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixiuse esta mañá na sesión de control ao Goberno ao Ministro de Educación para demandarlle que se recupere a Filosofía como asignatura obrigatoria en 2º de bacharelato e se aumente o ensino desta materia fundamental para a formación do alumnado.

Fernán Vello conminou ao titular de Educación a arranxar canto antes a desfeita da LOMCE e “daquel Ministro de triste lembranza”. “Recuperen sen máis dilación a asignatura de Filosofía como troncal obrigatoria en bacharelato. Corrixan o desatino da LOMCE xa para o vindeiro curso. Non sigan a denigrar por máis tempo a cultura do coñecemento e as Humanidades”. Esixiulle que “se paralice xa o proceso terminal que afecta ao ensino da Filosofía”, así como outras materias de Humanidades, e “restitúan polo menos esta disciplina ao lugar que tiña nos estudos académicos”.

“Por qué recelan do mundo das ideas?”

O parlamentar de En Marea criticou a teima do PP co mundo das ideas. “Por qué recelan do mundo do saber e da intelixencia? Temen á Filosofía?”. Pediu a Íñígo Méndez de Vigo que rectifiquen e atendan a voz do profesorado de Filosofía e de colectivos como o Grupo DOXA de Filosofía, fundado en Lugo, a Aula Castelao de Filosofía e a Rede Española de Filosfía, “toda a comunidade académica considera esta materia básica para enfrontar os desafíos dun mundo contemporáneo complexo, cambianete e incerto”.

Rectifiquen canto antes polo ben da formación do alumnado

Fernán Vello puxo de manifesto que este contexto require que se dote á mocedade “de instrumentos conceptuais sólidos para comprender e para construir novos paradigmas éticos”. Neste sentido, resaltou as recomendacións da UNESCO que otorga á Filosofía un “papel formativo fundamental e defende que a Filosofía debe formar parte do currículo básico do alunado en todos os sistemas educativos do mundo”.

O deputado de En Marea reprochou o varapao que o PP deu á educación pública coa LOMCE, e pediulle ao Ministro que “se recupera a educación de calidade e democrática, algo que non pode existir sen o coñecemento da  Filosofía”.

“Sexa vostede expeditivo, dilixente, decidido porque estamos acostumados a un “flatus vocis”” nominalista, ao “sopro de voz” político do PP que é palabra baleira e ausente de compromisos reais”.

Rematou Fernán Vello trasladándolle a Íñigo Méndez unha frase do filósofo francés Étienne Gilson, un neoescolástico e un neotomista, “moi lonxano a mín pero fíxese que dixo: A Filosofía enterra sempre aos seus enterradores”.

O Ministro vaise pola tanxente

O Ministro de Educación limitouse nun primeiro momento a describir a situación académica actual da Filosofía que é obrigatoria en 1º de bacharelato. Logo, en 2º de bacharelato o PP de Rajoy e de Wert converteuna en optativa ao modificar o currículo estatal na LOMCE.

O titular de Educación foise pola tanxente e escudouse na competencia das CC.AA de poder mantela como obrigatoria, sacudíndose así calquer responsabilidade cando foi o Ministerio quen modificou o currículo estatal, o que abriu o camiño para que CC.AA, a maioría do PP, deixasen a Historia da Filosofía como optativa en 2º de bacharelato.

Polo demáis, aludiu ao Pacto educativo en debate no Congreso pero en ningún momento amosouse aberto a modificar o currículo estatal, nin arranxar a desfeita da LOMCE.