A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, afirmou hoxe que o módulo de atletismo non supón ningún obstáculo para a ampliación do recinto feiral de Vigo e exixiu ao alcalde que deixe de enredar xa con esta infraestrutura.
“Non é asumible que un alcalde non se alegre cando se anuncian proxectos que son bos para a súa cidade e que redundan nunha clara mellora dos seus equipamentos e servizos”, lamentou a representante autonómica, quen defendeu que, en ningún caso, as pistas interromperán as obras que permitirán ao Ifevi gañar 5.000 metros cadrados.
Fernández-Tapias insistiu por enésima vez en que o módulo deportivo é un proxecto adicional que vén a sumar para facer do recinto feiral unha instalación máis funcional e completa e que, por tanto, non contravén o interese xeral.
Dito isto, a delegada reclamoulle ao alcalde que aclare si esta en contra de que se constrúa unha pista deportiva no Ifevi e que, de ser así, lle explique o seu non ás entidades deportivas da cidade que aplaudiron o proxecto. “Oponse simplemente porque se trata dunha iniciativa da Xunta”, anotou.
Segundo sinalou, as obras do modulo de atletismo desenvolveranse en paralelo á ampliación, de modo que unha vez que a nova nave quede terminada estará listo para instalarse cando proceda e sen interferir coa celebración de Conxemar.
En calquera caso, Fernández-Tapias mantivo que o Goberno galego non renuncia en absoluto á reforma das pistas de Balaídos. “Temos proxecto e temos orzamento, pero o que non temos é licencia municipal”, sentenciou. Unha situación que, tal e como aclarou, vén motiva pola situación urbanística de Vigo tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
En canto a ampliación do Ifevi, volveu a defender que a Xunta actuou desde o primeiro momento coa máxima dilixencia. De feito, sinalou que se traballou co obxectivo de lograr a execución de esta infraestrutura a tempo para a celebración da próxima edición de Conxemar igual que o ten feito no pasado con outras actuacións. Así, Fernández-Tapias exemplificou o compromiso do Goberno galego con esta infraestrutura nos máis de 15 millóns de euros que se levan destinados ao recinto feiral, aos que agora se suman máis de 7 millóns da nova ampliación.
Ao fío, recordou que ata a fecha houbo algún atraso foron os 8 meses que tardou o Goberno central en emitir os seus informes sectoriais. Un atraso que o alcalde omite consecuentemente nas súas críticas, din a delegada, “para tapar a incompetencia do Executivo que preside Sánchez”.
“Que non lle caiba dúbida algunha a ninguén que a ampliación do Ifevi estará dispoñible para a próxima edición de Conxemar e que os atletas terán unha instalación para o seu adestramento ata que Caballero desbloquee o proxecto das pistas”, concluíu.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.