Fernández-Tapias animou ao alumnado do obradoiro ‘Río Pequeno’ a seguir formándose na procura dun emprego de calidade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á clausura deste taller, organizado polos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, no que se formaron 20 persoas en operacións básicas de cociña e servizos de restauración
Publicado por o día 16/12/2020 na sección de Formación,Galicia,Xunta de Galicia

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, animou hoxe ao alumnado que finalizou a súa formación no obradoiro de emprego ‘Río Pequeno’ a seguir formándose na procura de maiores oportunidades laborais.

Deste modo, Fernández-Tapias puxo en valor a axenda deseñada polo Goberno galego para impulsar o emprego estable e de calidade e acadar un novo modelo produtivo de Galicia baseado no crecemento e no coñecemento. O fixo durante a clausura deste taller, organizado polos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén e ao que o Goberno galego destinou preto de 478.000 euros. Uns talleres que, tal e como sinalou a representante autonómica, permiten alternar a formación para o emprego coa practica laboral, contribuíndo así a inserción laboral das persoas desempregadas.

No que respecta a este obradoiro, 20 persoas tiveron a oportunidade nos últimos 9 meses de formarse e optar a un contrato de traballo en operacións básicas de cociña e servizos de restauración. Todos eles recibiron de mans da delegada territorial e dos alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, e Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, o certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

O obxectivo, incidiu Fernández-Tapias é ofrecer ás persoas demandantes de emprego unha cualificación especializada para incrementar as posibilidades de atopar un traballo, ao tempo que destacou a aposta do Goberno galego por ofrecer unha formación á carta das necesidades do tecido empresarial.

En canto a nova convocatoria do 2020-2021, detallou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina 12 millóns de euros a programas de impulso á formación para o emprego na área territorial de Vigo. Destes, 1,7 millóns de euros para impulsar 5 obradoiros duais na área territorial (Vigo, Redondela, Mos, Gondomar e Salvaterra) e 3 de garantía xuvenil (Vigo, Redondela e Mos), que se porán en marcha antes de finalizar o ano.

En canto aos programas integrados de emprego, dixo, permitirán a celebración dun total de 15 iniciativas, das que 5 están dirixidas exclusivamente a mulleres, para incrementar a formación e as oportunidades laborais das persoas desempregadas nos municipios da área territorial cun investimento de 3,7 millóns de euros.

Xa por último, fixo referencia aos preto de 4,9 millóns de euros que destina o Executivo autonómico ás unidades formativas para persoas desempregadas, 303 acciones que beneficiarán a un total de 4.525 alumnos e alumnas da área territorial viguesa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.