Fernández-Tapias cifra en 12 millóns o investimento en programa de impulso á formación para o emprego na área territorial de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu hoxe á clausura do ‘Moaña Labora IV’, no que se formaron 20 persoas en materia de instalación e mantemento de xardíns e traballos de carpintería e moble

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en máis de 12 millóns de euros o investimento da Administración autonómica en programas dirixidos a impulsar a formación para o emprego na área territorial de Vigo.

Deste modo, Fernández-Tapias puxo en valor a axenda deseñada polo Goberno galego para impulsar o emprego estable e de calidade e acadar un novo modelo produtivo de Galicia baseado no crecemento e no coñecemento. O fixo durante a clausura do obradoiro de emprego ‘Moaña Labora IV’, organizado polo Concello de Moaña e ao que o Goberno galego destinou preto de 481.388 euros. Uns talleres que, tal e como sinalou a representante autonómica, permiten alternar a formación para o emprego coa practica laboral, contribuíndo así a inserción laboral das persoas desempregadas.

No que respecta a este obradoiro, 10 persoas tiveron a oportunidade nos últimos 9 meses de formarse en materia de instalación e mantemento de xardíns e outras 10 en traballos de carpintería e moble. Todos eles recibiron de mans da delegada territorial e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

O obxectivo, incidiu Fernández-Tapias é ofrecer ás persoas demandantes de emprego unha cualificación especializada para incrementar as posibilidades de atopar un traballo, ao tempo que destacou a aposta do Goberno galego por ofrecer unha formación á carta das necesidades do tecido empresarial.

En canto a nova convocatoria do 2020-2021, detallou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina 1,7 millóns de euros para impulsar 5 obradoiros duais na área territorial (Vigo, Redondela, Mos, Gondomar e Salvaterra) e 3 de garantía xuvenil (Vigo, Redondela e Mos), que se porán en marcha antes de finalizar o ano.

En canto aos programas integrados de emprego, dixo, permitirán a celebración dun total de 15 iniciativas, das que 5 están dirixidas exclusivamente a mulleres, para incrementar a formación e as oportunidades laborais das persoas desempregadas nos municipios da área territorial cun investimento de 3,7 millóns de euros.

Xa por último, fixo referencia aos preto de 4,9 millóns de euros que destina o Executivo autonómico ás unidades formativas para persoas desempregadas, 303 acciones que beneficiarán a un total de 4.525 alumnos e alumnas da área territorial viguesa.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario