A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que o Goberno galego xa abonou o 87,2% das axudas concedidas ao sector da hostalería na cidade de Vigo. Así, sinalou que se completaron os pagamentos a 1.001 negocios, o que representan o 51,6% dos establecementos vigueses, por valor de 2,6 millóns de euros.
No que atinxe a Comunidade galega, recordou que foron máis de 14.700 negocios de hostalería os que recibiron o apoio económico directo da Xunta de Galicia a través das tres liñas do Plan de Recate, por valor de 23,7 millóns de euros. Así, o 70% dos hostaleiros galegos tiveron acceso ás axudas concedidas polo Executivo autonómico para facer fronte á crise económica e ás restricións efectuadas por recomendación sanitaria.
E precisamente neste contexto encaixou Fernández-Tapias a proposta conxunta do Goberno galego e os representantes da hostalería do fondo de cooperación covid-19, co obxectivo de traballar todos xuntos para salvar do peche ás empresas e aos autónomos. Segundo especificou, a iniciativa segue o modelo da Comunidad Valencia onde a Generalitat aporta o 50% de dito fondo, as deputacións o 30 % e os concellos o 20% restante.
Dito isto, a delegada, que insistiu en que a actual situación de crise sanitaria require que todas as administracións traballen xuntas polo obxectivo común de paliar os efectos das restricións na nosa economía, invitou á Deputación de Pontevedra e aos concellos da área a sumarse á proposta. “É necesaria a implicación de todas as administracións, con independencia das cores políticas o de debates estériles sobre competencias”, reflexionou.
Fernández-Tapias tamén puxo en valor o anuncio dun segundo plan de rescate para facer fronte ás novas restricións sanitarias. Así, tras afirmar que “a Xunta seguirá o carón dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias de esta pandemia”, a representante autonómica defendeu que as novas axudas estarán dimensionadas e orientadas a cubrir os efectos das restricións segundo as previsións sanitarias de evolución da pandemia.
Sobre esta segunda convocatoria, enfocada a persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros pechados por mor da pandemia, explicou que terá unhas características similares ao posto en marcha a finais de ano, do que xa se completou o 80% dos pagamentos a máis de 30.500 solicitantes en Galicia por un importe de 65 millóns de euros. Si ben, a representante autonómica indicou, que se traballará para que o acceso ás axudas sexa aínda máis áxil e doado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.