Fernández-Tapias mantén un encontro coa xunta directiva da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva da Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de Vigo, encabezada polo seu presidente, Javier Touza.

Unha xuntanza na que tiveron a oportunidade de avaliar a situación actual que enfronta o sector pesqueiro, necesidades e problemáticas, derivadas do Brexit a longo prazo. Asemade, abordaron a coordinación das medidas de prevención adoptadas a nivel sanitario para facer fronte a crise da covid-19.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM