Fernando Mouriño convértese na nova renovación do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia

Por o 20/07/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
Fernando Mouriño convértese na nova renovación do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia
Na mesma xornada na que a Federación Española de Baloncesto confirmaba ao Seis do Nadal como novo equipo da Liga EBA, o equipo facía pública a renovación de Fernando Mouriño.
O alero nado no ano 1980, especialista no lanzamento e máis concretamente no tiro de tres, comezou a xogar con quince anos en Celanova, vila que estivo ligada a súa formación en categorías inferiores. Como xogador de categoría sénior xogou nos equipos ourensás ABO e Cruz Alta, no CB Mos e no CB Tui.
Na tempada 2012/2013 incorporouse ás filas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia polo que Fernando Mouriño formou parte do equipo que conseguiu o Ascenso a Primeira División na tempada 2012/2013 e dos equipos que conseguiron os dous Ascensos a Liga EBA nas tempadas 2013/2014 e 2015/2016.
Fernando Mouriño cumprirá a súa quinta tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estreando nova categoría xa que será a primeira vez na historia da entidade que se compita na Liga EBA. Para o club vigués é todo un orgullo seguir conformando o equipo con xogadores que xa estaban integrados no club e que seguen apostando e confiando na filosofía e no traballo da entidade.