Ferroatlántica pecha dous fornos na factoría de Cee pese a ingresar entre 34 e 40 M€ pola producción eléctrica das suas centrais hidráulicas e 6,5 M€ de subvención por interrumpibilidade

Francisco Casal:“Ferroatlántica prefire facer un negocio fabuloso vendendo a enerxía no mercado no canto de abastecer as súas propias factorías, condición que sustenta a concesión das centrais”
Publicado por o día 07/01/2019 na sección de En Marea,Política

Ferroatlántica pecha dous fornos na factoría de Cee pese a ingresar entre 34 e 40 M€ pola producción eléctrica das suas centrais hidráulicas e 6,5 M€ de subvención por interrumpibilidade

O grupo parlamentario En Marea, a través do deputado Francisco Casal, esixiralle ao goberno de Feijóo que actúe tralo anuncio de Ferroatlántica de pechar durante seis meses os fornos 13 e 14 de fabricación de ferromanganeso nas plantas de Cee-Dumbría. A decisión implica a paralización de varias empresas auxiliares e a redución a mínimos da produción, co conseguinte risco de presentación dun ERE por parte da empresa.

As excusas da empresa, xustificadas na baixada das axudas de interrumpibilidade, son totalmente inadmisibles tendo en conta as características de autoproductor que ten a compañía, o que lle permitiría abastecerse de electricidade a custos moi inferiores as do mercado”, denuncia o deputado Francisco Casal, que denuncia que “Ferroatlántica prefire facer un negocio fabuloso vendendo a enerxía no mercado no canto de abastecer as suas propias factorías, condición que sustenta a concesión das centrais”.

Ainda que non foron publicados os datos de producción das centrais de 2018, En Marea coa referencia dos de anteriores anos de alta pluviometría como o 2018 os estima entre 600.000 e 700.000 Mwh. Isto ao prezo medio maiorista de 2018 de 57 €/Mwh suporía para a compañía uns ingresos de entre 34 e 40 M€. Millóns de euros que saen do patrimonio natural público de Galicia, pero que non son investidos nin na mellora das factorías nin no plan industrial para as comarcas da Costa da Morte tal e como obrigan as condicións da concesión a Ferroatlántica das centrais.

A maiores Ferroatlántica acaba de adxudicarse 6,5 M€ de axudas públicas a interrumpibilidade só para o periodo correspondente aos primeiros 6 meses de 2019.Se se cumprisen as condicións das concesións e as novas condicións das poxas de interrumpibilidade, as factorías galegas terían que ser as máis competitivas do mundo, con custos da electricidade mais baixos do sector con moita diferenza.

E agora para mais escándalo, Ferroatlántica decide pechar parte da sua producción en Cee e trasladala a outras factorías”, insiste Casal, que ten información de que as materias primas para a fabricación de ferromanganeso xa están a ser trasladadas a outras factorías de fora de España para desde alá aprovisionar aos clientes actuáis de Cee e Dumbría.

Ante esta situación, En Marea esíxelle á Xunta de Galicia a través dunha pregunta oral na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo que ofreza toda a información que dispón acerca dos plans de Ferroatlántica de deslocalizar a producción de ferromanganeso das factorías galegas e que acometa actuacións de maneira inmediata de cara a evitar un posible incumprimento das condicións da concesión administrativa das centrais hidráulicas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.