A Festa do Tinto e a do Pan marcan a promoción de Ribadumia en FITUR

Publicado por o día 19/01/2018 na sección de Galicia

A Festa do Tinto e a do Pan marcan a promoción de Ribadumia en FITUR

O Concello de Ribadumia informa que na presente feira de FITUR, no stand co que conta Turismo de Galicia, están a centrar a promoción do municipio a Festa do tinto e a Festa do pan.

Dende o pasado día 17, no cal dou comezo a feira, o alcalde David J. Castro Mougán está representando a Ribadumia na mesma, así como difundindo as súas riquezas, gastronómicas, paisaxísticas, arquitectónicas e por suposto de ocio.

Nesta categoría de ocio destacan por suposto as dúas principais citas anuais no noso concello, posto que miles de persoas pasan por Ribadumia durante a súa celebración, sendo estas por suposto por un lado a celebrada o primeiro fin de semana de xuño, a Festa do Viño tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas, e por outra banda, a celebrada a segunda fin de semana de agosto, a Festa do Pan.

Por outra banda, a difusión paisaxística está centrada na Ruta da Pedra e da Auga, espazo que da a benvida a Ribadumia a numerosas persoas ó longo de todo o ano posto que é o paraxe perfecto tanto para os amantes da natureza, como aqueles que buscan un lugar de tranquilidade.

Estas accións de promoción achegan Ribadumia a potenciais visitantes que virán a incrementar os fabulosos datos estadisticos do último ano, onde o porcentaxe de novos visitantes tanto nacionais como estranxeiros era moi superior a exercicios anteriores, destacando sobre todo a maior presenza de turistas internacionais.

Isto demostra que é de destacar e valorar positivamente as accións de promoción e difusión que se están a realizar dende o Concello, entre as cales están as visitas a feiras como de FITUR ou Xantar.