Achegate ao Festival Folclórico Internacional de Coruxo 2019

Por o 27/07/2019 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
Achegate ao Festival Folclórico Internacional de Coruxo 2019
Compartir en:

O Grupo Etnográfico A Buxaina e o próximo luns 29 de xullo celebramos o Festival Folclórico Internacional de Coruxo. Trátase dun acto anual que organizamos en colaboración co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC).

O obxectivo deste evento é coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música.  Este ano contaremos coa visita de grupos chegados dende Costa Rica (Compañía Folclórica Flor del Café), Guinea-Bissau (Grupo Cultural Netos de Bandim) e por suposto, coa actuación do grupo anfitrión, o Grupo Etnográfico A Buxaina.

O acto celebrarase no campo do Bao, o día 29, a partir das 21:30 horas. A apertura das portas será as 21:00 horas e a entrada será de balde.

Gustaríanos que teñades en conta o noso acto na vosa axenda cultural e agradeceríamos que compartades o noso cartel para poder encher o recinto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.