Festival ‘SONS E SILENCIOS’ DE ASPAMSIM

Publicado por o día 16/12/2017 na sección de Cangas,Eventos,Galicia

Festival ‘SONS E SILENCIOS’ DE ASPAMSIM

A Asociación de pais e nais de discapacitados psíquicos de O Morrazo en Cangas (Aspamsim) organiza este domingo, día 17 de decembro ás 19:00 horas, o seu tradicional festival de Nadal denominado como ‘Son e silencios’ para presentar o calendario do vindeiro ano que está dedicado ao mundo da música.

A música é un elemento fundamental, unha ferramenta idónea para establecer comunicación. De feito, no certame presentaranse as catro estacións empregando os sons e os silencios. Ademais, nel participarán algúns dos grupos que saen no citado calendario.