Festival SOS Filipinas no Auditorio Mar de Vigo

Publicado por o día 28/11/2013 na sección de Vigo

Festival SOS Filipinas no Auditorio Mar de Vigo

  A Fundación Novacaixagalicia colabora con UNICEF no seu festival solidario con Filipinas. Súmanse á iniciativa máis de vinte artistas co obxectivo de axudar aos máis de cinco millóns de nenos afectados polos efectos do tifón Haiyan/Yolanda que a principios de novembro devastou varios países no pacífico.

  O festival SOS Filipinas, coordinado por Adolfo Maguna, o cómico “Popín”,  terá lugar este sábado 30 de novembro ás 18.00 h. no Auditorio Mar de Vigo. O importe íntegro da recadación destinarase a UNICEF, que empregará nesta causa. As entradas xa están á venda a través de servinova.com con prezos que oscilan entre os 5 e os 12 euros por persoa.

  Ademais, existe unha fila 0 para colaborar con UNICEF, a través das contas que a axencia para a Defensa da Infancia de Nacións Unidas tenen Novagalicia Banco co número 2080 5462 31 3040114789 ou no Banco Pastor co número 0072 8101 33 0600224250. Outras entidades bancarias tamén teñen contas a nome de UNICEF. Ademais, pódese colaborar enviando un SMS coa palabra UNICEF ao número 28028. O reto é, non só encher o Auditorio Mar de Vigo, tamén contribuír a que Vigo enteiro sexa solidario cos nenos de Filipinas.