Festival xuntanza “D´onde SON” encontro de mozos e mozas galegas en Vigo

Este sábado 19 de xaneiro organízase a xuntanza dos grupos xuvenís de tempo libre das asociacións xuvenís pertencentes á FEDERACION DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA que comprende as asociacións xuvenís ABERTAL de Vigo, DON BOSCO de Compostela, ABEIRO de A Coruña, AMENCER de Ourense e ATEIBO de Lugo; á que están convidados os grupos xuvenís da diocese Tui-Vigo.
Publicado por o día 16/01/2019 na sección de Galicia,Vigo

Festival xuntanza “D´onde SON” encontro de mozos e mozas galegas en Vigo

Este sábado 19 de xaneiro organízase a xuntanza dos grupos xuvenís de tempo libre das asociacións xuvenís pertencentes á FEDERACION DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA que comprende as asociacións xuvenís ABERTAL de Vigo, DON BOSCO de Compostela, ABEIRO de A Coruña, AMENCER de Ourense e ATEIBO de Lugo; á que están convidados os grupos xuvenís da diocese Tui-Vigo.

SÁBADO, 19 DE XANEIRO

A asociación Centro Xuvenil Abertal, socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza o Festival “D´onde SON” para mozos e mozas en Vigo.

A xuntanza comezará a partires das 10,45 horas no Cine Salesianos (R/ Venezuela) de Vigo, onde teremos a acollida aos preto de 200 mozos e mozas de 15 a 19 anos de idade que se xuntarán.

Ambientado no formato dun festival musical, trala prescrita acreditación e pase de photocall farase a benvida inicial, presentación da xornada e saúdo das autoridades presentes que terá lugar no Cine-Teatro Salesianos.

Logo deste primeiro momento terán lugar os obradoiros, dez experiencias e testemuños que permitan achegarse a elementos centrais da vida cristiá e as manifestacións diversas da mesma: cine, música, compromiso social, Biblia,…

A participación nos obradoiros dará lugar a un faladoiro co prelado diocesano, Mons. Luis Quinteiro Fiúza -que manifestou o seu entusiasmo por poder atoparse directamente cos mozos e mozas participantes neste encontro- no que haberá espazo para preguntas e respostas partires dos aspectos traballados nos obradoiros.

Pechará a mañá de encontro e traballo o merecido xantar compartido entre todas as persoas participantes nas instalacións dos Salesianos da Rúa Venezuela.

A tarde estará centrada en dúas grandes actividades: unha animada e xuvenil celebración da eucaristía, ás 16,30hs, na Igrexa de María Auxiliadora e un concerto, ás 17,30hs, no Cine-Teatro Salesianos, que vén de cumprir 50 anos, de man do cantautor Migueli e que estará aberto á toda a cidade con entrada de balde (entrada pola Rúa Venezuela, 3).

O acto de clausura deste encontro realizarase a partires das 18,45 no mesmo Cine-teatro onde terá lugar o concerto.

No festival “D´onde SON” participarán mozos e mozas desde os 15 anos de idade ata os 19 que forman parte dos grupos xuvenís de tempo libre que funcionan todo o ano cun ritmo semanal e teñen momentos fortes como son o campamento de verán… e que sendo de diversas procedencias, movementos e institucións, xúntanse para compartir unha xornada festiva en torno ao aspecto central destes grupos: a experiencia cristiá.

En total son preto de 500 mozos e mozas os que participan asiduamente destes grupos en toda Galicia.