Filme ” A palabra xusta”, un documental de Miguel Piñeiro no Auditorio municipal

A Concellería de Igualdade informa de que o sábado 18 de novembro, ás 20:30h proxectaremos no Auditorio municipal o filme ” A palabra xusta”, un documental de Miguel Piñeiro.
Publicado por o día 10/11/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Galicia,Vigo

Filme ” A palabra xusta”, un documental de Miguel Piñeiro no Auditorio municipal

Como di Aurora Marco “unha historia que segue o percorrido vital da mestra Antía Cal. Unha traxectoria que encheu de admiración e de emoción a sala do cine. Quen se move no mundo da educación, quen anda na busca dunha educación igualitaria, quen quere que se recoñeza o lugar que as mulleres ocupamos no mundo, non debería deixar de ver A palabra xusta”.

Título do filme: A Palabra Xusta
Xénero: documental
Dirección: Miguel Piñeiro
Ano: 2016
Duración: 74 minutos
Producción: Atlantis Multimedia

O filme é apto para todos os públicos e ten o distintivo. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.   A Concellería de Igualdade proxectará o filme o sábado 18 de novembro ás 20:30h no Auditorio municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei s/nº).

A entrada será libre ata completar a capacidade do local.