Fin de semana atarefada para a Policá Local de Vigo desprazados a Cies para vixilancia e controlar a seguridade nas Illas Cíes

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Fin de semana atarefada para a Policá Local de Vigo desprazados a Cies para vixilancia e controlar a seguridade nas Illas Cíes

Os servizos solicitáronse o sábado realizando o primeiro ás 00:19 horas mediante chamada telefónica.

Un grupo de campistas atopábase na Isla Monteagudo, nas proximidades da pasarela que une as dúas illas, e non podían cruzar a mesma para chegar ao cámping.

Á subida da marea uniuse unha forte ondada que remontaba a pasarela e impedía cruzala en condicións de seguridade.

A maiores, non dispoñían de lanternas e non podían ver cando era seguro cruzar evitando o risco de ser arrastrados pola ondada.

Os axentes trasladáronse ata o lugar o máis axiña posible, coñecedores de que a pleamar sería ás 00:37 horas, co que sería imposible cruzar e esperar varias horas á intemperie ata poder facelo.

Mediante uso das lanternas de dotación, que son de longo alcance, puideron enfocar as ondas e indicarlles o momento preciso no que as ondas eran de menor tamaño para que puidesen cruzar correndo, cousa que fixeron sen problema algún, e resolvendo o problema.

Apenas unha hora despois ás 1:40 horas, foron requiridos novamente por por dous mozos aloxados no cámping.

As citadas manifestaron aos axentes que unha amiga, atopábase indisposta manifestando ter molestias que lle impedían o descanso.

Contactando telefonicamente co sanitario do cámping, que se presentou aos poucos minutos, tratando á nova e atendendo o problema, mediante o uso de soro e manténdose á expectativa de evolución do seu estado, ante unha posible evacuación da Illa de producirse empeoramento no seu estado, situación que finalmente non se deu.

A conduta insolidaria dun grupo de mozos dando voces e alterando o descanso doutros campistas ás 02:30 horas, pechou as intervencións da madrugada.

A pesar de ser advertidos polo vixiante do cámping, lonxe de corrixirse mantiveron a súa conduta de xerar molestias. Procedendo a dar o correspondente aviso á xerencia para que adoptase medidas, ben apercibirlles ou expulsarlles por incumprimento das normas.

A última das actuacións para apuntar produciuse ás 08:00 horas do mesmo día, un novo caso de problemas de saúde.

Concretamente unha traballadora do cámping, de 26 anos de idade, que se atopou indisposta.

Tras ser atendida polo sanitario do cámping, e seguindo o protocolo, procedeuse á súa evacuación das illas nunha embarcación de Salvamar ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde quedou ingresada en observación, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.